domingo, 10 de octubre de 2010

O obxectivo da creación deste blog, por parte do Equipo de Dinamización T.I.C do Colexio de Viloira , non é outro que dar a coñecer os compañeiros/as e a todo o alumnado unha serie de ferramentas, de fácil emprego, e tamén ofrecer a maior cantidade de recursos que axuden e faciliten a integración das TIC na aula.
Nós estamos abertos a cantas suxerencias nos poidades facer e tamén, como non, a recibir de bo grao todas as experiencias e colaboracións que consideredes de interese.

Conversor Online


ExpressPDF, permítenos convertir os documentos Word, Excel e incluso páxinas web en archivos PDF. Non hai que rexistrarse, só compre seleccionar do pc os archivos a convertir, proporcionar unha dirección de correo electrónica onde recibiremos a conversión e finalmente darlle a " convertir". Así de sinxelo.