martes, 28 de septiembre de 2010

Gimp


Gimp é un editor de fotos e imaxes gratuito. Está dispoñible en varios idiomas e pódese considerar unha moi boa alternativa a outras programas, deste tipo, de manexo máis complicado.

Navegar con seguridade


Nesta interesante páxina: Internet sin riesgos temos información e actividades dabondo para andar pola rede con certa seguridade. Moi recomendable para o alumnado.

viernes, 24 de septiembre de 2010

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Slide


Se queremos facer unha presentación de imaxes nun blog , Slide pode sernos moi útil. Nesta galería, na que as imaxes van pasando unha tras outra, podemos elexir formato para a presentación , escribir texto, e incluso deter a imaxe mantendo o cursor do rato sobre elas.
Con Picture Trail tamén se pode facer. Mellor que vexades os dous.

Tradukka


Tradukka é un práctico e gratuito ( como todas as ferramentas que aquí presentaremos) traductor que funciona en moitos idiomas , o galego entre eles, e vai facendo a traducción ó tempo que escribes o texto.

Kerpoof


Con Kerpoof podemos realizar actividades moi variadas: postais , debuxos, tarxetas ... para despois imprimilas, tamén nos permite crear videos e pequenas películas pero, nese caso, compre rexistrarse.